Plataforma integral para la gestión de servicios técnicos y periciales – iDEX

Plataforma integral para a xestión de servizos técnicos e periciais – iDEX

Cliente

DEKRA

Cliente

DEKRA é a organización de expertos líder a nivel mundial. Coa súa presenza en máis de 50 países e máis de 37000 empregados, ten como principal cometido preservar a seguridade a longo prazo e a protección e calidade medioambiental. Neste proxecto, contactaron con nós desde a súa compañía DEKRA Expertise, centrada na unidade de negocio Automotive que prové de servizos técnicos e periciais dirixidos ao sector do automóbil.

Reto

O obxectivo de DEKRA Expertise era dispor dun sistema de xestión integral para a prestación dos seus servizos, totalmente adaptado á operativa particular de cada un deles, que ofrecese soporte completo ao traballo dos distintos axentes implicados: peritos que realizan o traballo de campo, xestores de operacións que coordinan desde a sede central, persoal de finanzas encargados da xestión económica ou xerentes de operacións con responsabilidade na toma de decisións estratéxicas de negocio.
Tamén era un obxectivo básico que a plataforma se puidese integrar con diferentes sistemas externos como as ferramentas de valoración de danos empregadas polos peritos (GT Motive Estimate, SilverDAT calculatePro, Eurotax RepairEstimate etc.) para a importación das informacións das valoracións ou os sistemas das compañías aseguradoras cliente para a recepción automática de encargos e envío de resultados, centralizando así nunha única ferramenta toda a operativa e información derivada da prestación dos seus servizos.
Por outro lado, o sistema a desenvolver debía poder evolucionar con axilidade en resposta á aparición de novos requisitos, especialmente derivados da creación de novos servizos, a adaptación dos existentes ás necesidades específicas dos seus clientes ou a integración con novas ferramentas e servizos de terceiros. Unha complexidade engadida neste punto era a necesidade de coordinar os requisitos procedentes das diferentes delegacións implicadas (Francia, España, Portugal e Marrocos), dado que na práctica os mesmos servizos estaban suxeitos ás especificidades relativas a cada país. Ademais do desenvolvemento e mantemento evolutivo do sistema, DEKRA Expertixe confiounos tamén a responsabilidade da súa operación en produción, e eran requisitos fundamentais a seguridade, a alta dispoñibilidade e o axeitado rendemento, factores cun impacto directo na produtivade dos servizos e, finalmente, o cumprimento dos acordos de nivel de servizo (SLA) comprometidos por DEKRA Expertise cos seus clientes.

Por último, e como é habitual neste tipo de proxectos, tamén era un requisito fundamental planificar o desenvolvemento e implantación do sistema de forma gradual, dada a súa magnitude, e a necesidade de substituír ao conxunto de aplicacións en uso, e incluso precedementos, en diferentes áreas da organización.

Solución

Para poder ofrecer a DEKRA unha solución ás súas necesidades e expectativas, tivemos que recorrer a toda a nosa experiencia e coñecemento nas tres áreas principais de servizos que ofrecemos: a consultoría tecnolóxica, o deseño e desenvolvemento de sistemas de información e o soporte e administración de sistemas.
 
Consultoría tecnolóxica

O primeiro paso foi comprender e obter un coñecemento profundo da organización e operativa do noso cliente, o que nos permitiu identificar e propor melloras operativas apoiadas no uso das novas tecnoloxías e destinadas finalmente a incrementar a produtividade dos servizos prestados por DEKRA Expertise.

 
Deseño e desenvolvemento de sistemas de información

A continuación, o equipo de Desenvolvemento asignado ao proxecto ocupouse de deseñar a arquitectura do sistema que resultaba máis axeitada para satisfacer os requisitos funcionais e non funcionais identificados na análise, e levouse a cabo a implementación do sistema en si, que se denominou iDEX. Durante este proceso, seguiuse unha metodoloxía de desenvolvemento áxil que non permitiu pór a disposición de DEKRA Expertise unha primeira versión do sistema (o MVP, Minimum Viable Product) nun prazo relativamente curto, e planificar a partir del o desenvolvemento iterativo incremental do resto das funcionalidades, así como a súa implantación gradual.

Soporte e administración de sistemas

Paralelamente co traballo de desenvolvemento, o noso equipo de Administración de Sistemas encargouse de deseñar a infraestrutura Cloud e os procesos de xestión necesarios para a configuración do entorno de produción do sistema. Entre outros, tivéronse en conta aspectos como o volume estimado de traballo, a monotorización eficaz dos parámetros de rendemento críticos, a necesidade de escalado "en quente" da infraestrutura para soportar incrementos na demanda de traballo, a xestión de copias de seguridade e recuperación áxil, o rexistro da actividade (logs) para a depuración de incidencias ou o elevado nivel de seguridade requirido, todo isto sen esquecer a optimización dos custos da infraestrutura.

Resultado

O resultado de todo isto é iDEX, unha plataforma software á medida de DEKRA Expertise, totalmente adaptada aos seus procedementos e operativa, que lle permitiu centralizar, uniformizar e optimizar a prestacións dos seus servizos. Algunhas das características máis salientábeis desta plataforma son:

  • Solución na nube que inclúe a aplicación web para a xestión centralizada e unha app móbil específica para peritos que realizan as súas tarefas en mobilidade.
  • Integración completa con outras ferramentas xa en uso e que dan soporte a tarefas moi específicas como as ferramentas de valoración de danos que utilizan os peritos.
  • Adaptación do fluxo operativo dos servizos a clientes, incluída a integración automática de procesos como a recepción de encargos e a entrega de informes.
  • Xestión completa da facturación dos servizos, configurábel para cada cliente e tipo de servizo, e xeración de ficheiros de contabilidade en formato estándar.
  • Funcionalidades de soporte á toma de decisións de negocio (Business Intelligence), como, por exemplo, de visualización de estatísticas avanzadas, de monitorización de indicadores clave do rendemento (KPI), ou de control do cumprimentos dos acordos de nivel de servizo (SLA) cos clientes.

Pero ademais, e sen dúbida tan importante como o propio éxito do desenvolvemento inicial, logramos configurar e por á disposición do noso cliente un equipo de Desenvolvemento cun coñecemento profundo do dominio que, asistido pola nosa infraestrutura Devops para a coordinación co equipo de Sistemas, permítenos actualmente ofrecer un servizo de mantemento evolutivo de iDex no que se minimizan os tempos de posta en produción (Time To Market) de novas funcionalidades e de corrección de fallos (Mean Time To Repair).