O noso método

máis que un provedor, un socio de viaxe.

Imagen método portada

persoas.

Un equipo que decide camiñar xunto. enxenio está formado por un grupo de persoas con mentalidade innovadora, creativa e, sobre todo, inqueda. Un equipo altamente cualificado e multidisciplinar co entusiasmo que un contorno tecnolóxico consideramos que require.

Imagen método de personas
Imagen método - personas

proximidade e compromiso.

Estabelecemos unha comunicación continua cos nosos clientes para adaptar de forma dinámica as solución ás necesidades reais. Afrontamos os proxectos como retos persoais e asumimos como propios os obxectivos dos clientes.

equipo

metodoloxías.

Nun entorno en constante cambio, a nosa metodoloxía de traballo susténtase sobre tres conceptos básicos: adaptación, implicación e axilidade. Traballamos con entregas iterativas nas que o cliente está implicado en todo momento codeseñando e cocreando a solución final.

como traballamos?

  • Adaptación ás necesidades do cliente.
  • Axilidade e eficacia.
  • Mellora continua a partir da experiencia de cada proxecto.
  • Persoal capaz e con experiencia.
  • Aposta pola Innovación.

tecnoloxías.

A tecnoloxía é o core de todo o que facemos dentro de enxenio. Traballamos coas tecnoloxías que realmente impulsan o negocio dos nosos clientes de xeito robusto e fiábel. Apostamos pola innovación e analizamos as mellores posibilidades para cada reto 

enxenio labs.

Apostamos polo I+D+i como actividade imprescindíbel para darmos resposta á constante demanda de novas solucións, o que nos permite incorporar aos nosos proxectos as tecnoloxías máis innovadoras.

enxenio labs
Imagen método - tecnologías

calidade.

En enxenio, a calidade é parte fundamental do proceso de traballo. Nesa liña, os nosos procesos cumpren os requisitos e recomendacións de estándares ISO, e contan coa garantía de auditoría e certificación de AENOR. 

certificacións.

Onde traballamos?

ámbitos de actuación.

Sociosanitario.

Experiencia en ferramentas de soporte ao servizo da axuda a domicilio, centros de día, teleasistencia...

Eduación e cultura.

Xestión académica, bibliotecas dixitais, libros interactivos, plataformas de distribución de ePub, DRM’s…

Peritacións e seguros.

Solucións de mobilidade de soporte a inspeccións técnicas, verificación de riscos, fotoperitación.

Administración pública.

Solucións de administración electrónica, tanto de procedementos para o público como de xestión interna.

Industria e servizos técnicos.

Análise e modelado de procesos de negocio de empresas industriais e de servizos técnicos profesionais.

Distribución polo miúdo e por xunto.

Control de calidade dos centros de venda, xestión de promocións e descontos, encargos de clientes por xunto...