Somos unha empresa que ten 20 anos de experiencia no desenvolvemento de solucións e servizos TI a medida para clientes de diferentes sectores, tanto do ámbito privado como público. A nosa capacidade de innovación e adaptación permitiunos afrontar con éxito unha grande diversidade de proxectos, de diferente alcance e complexidade, o que nos confire actualmente unha imaxe de grande capacidade e solvencia entre os nosos clientes.
Sabemos que o noso principal activo é o noso equipo humano que dispón dunha elevada capacidade técnica, mais tamén dun alto grao de motivación e compromiso cos proxectos dos nosos clientes e cos propios obxectivos da nosa empresa.
Selo Peme Innovadora do MINECO
O Ministerio de Economía, Industria e Competitividade outorgoulle a Enxenio o selo de Peme Innovadora pola súa intensiva actividade en I+D+i.
Empresa asociada á Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña recoñece o vencello de Enxenio con ela a través do fomento do emprego, da investigación e transferencia, e outórgalle a condición de Empresa Asociada.
Patrón da Fundación CITIC Galicia
Enxenio é membro do padroado da Fundación CITIC, entidade sen ánimo de lucro e de dereito privado cuxo fin é contribuír ao fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade do sector TIC galego.
Iniciativa de emprego de base tecnolóxica
O proxecto empresarial de Enxenio foi distingido como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunta de Galicia.
Socio do Clúster TIC Galicia
Enxenio é socio desde os seus comezos do Cluster TIC de Galicia, entidade que traballa para pór en valor o macrosector galego que aproveita a capacidade tractora das máis grandes e a axilidade e capacidade para a innovación das de menor tamaño.