a nosa convicción, I+D+i con e de enxenio.
O obxectivo principal das actividades de I+D+i de enxenio é que xeren coñecementos, tecnoloxía, procesos e métodos que aporten valor ao noso ecosistema. A innovación é a base da creación de novos produtos. Ao mesmo tempo, é a chispa que nos permite movernos de xeito incansábel cara ao futuro.
innovación como motor do cambio.
enxenio desenvolve a súa actividade de innovación conforme aos requisitos estabelecidos na norma UNE 166002:2021
enxenio labs, en tanto que realiza unha constante e sistemática vixilancia tecnolóxica, debe representar unha fonte de coñecemento ao servizo de toda a organización.
enxenio labs debe ser un motor para o crecemento da organización, xerar novos productos e ser a base de servizos que permitan sastifacer as necesidades dos nosos clientes.
Nun mercado cada vez máis competitivo, enxenio labs ten que ser unha actividade diferencial con respecto á competencia e aportar prestixio e recoñecemento a toda a organización.
A actividade de I+D+i de enxenio seguirá ligada ao Laboratorio de Bases de Datos da Universidade da Coruña e demandaralle solucións innovadoras para resolver problemas reais e explotar os seus resultados de investigación.
enxenio leva a cabo proxectos de I+D+i tanto de xeito autónomo como en colaboración con clientes ou institucións públicas (universidades, centros de investigación etc.). Se tes unha idea, non dubides en contactar connosco.