GESUGA dedícase, principalmente, á recollida de cadavres de animais nas explotacións gandeiras para a súa posterior transformación. Por unha banda, ofrece un servizo de recollida de cadavres de animais en explotacións gandeiras para a súa eliminación, por outra, despois de tratalos, subprodutos non aptos para o consumo humano (graxa animal, fariñas cárnicas e peles de vacún). GESUGA conta cunha flota de 38 camións de 18 toneladas, 3 cabezas tractoras con 9 bañeiras preparadas para una carga de 41 toneladas. Estes camións están equipados con guindastre, báscula e sistema de comunicacións.
Sistema de xestión de recollida de residuos e planificación de rutas
Cliente
GESUGA
Cliente
Reto
Cando contactamos con GESUGA, contáronos as dores de cabeza que supuña para o seu departamento de rutas organizar máis de 600 avisos diarios en distintas rutas para optimizar os quilómetros feitos e, ao mesmo tempo, maximizar o número de recolleitas realizadas. A pesar de contar cun ERP, este non daba o soporte a este traballo de planificación polo que o realizaban diariamente, de xeito manual, a través de mapas e chinchetas de cores que visualizasen as diferentes rutas.
Ao coñecermos todos os criterios a ter en conta á hora de planificar as rutas (como prazos legais de recolleita desde o rexistro de aviso, ou máximo número de horas permitidas en estrada) démonos conta do reto que supuña realizar esta planificación que ten unha influencia directa na produtividade e beneficios da empresa. Por outra banda, GESUGA tiña a necesidade de proporcionar unha aplicación móbil aos seus condutores que lles falicitase o rexistro de datos in situ, novamente, aforrando tempo á vez que mellorando o servizo prestado.
Solución
Para dar solución ao reto que se presentaba, propuxéronse dúas grandes fases: a implementación dun sistema central web con posibilidade de planificación automática e o desenvolvemento dunha aplicación móbil que, ademais de dar soporte ao rexistro que levan a cabo os condutores, daría información en tempo real da súa ubicación para facilitar a replanificación de rutas ante os novos avisos que xurdan durante o día.
Sistema central web
Desenvolveuse un sistema web que inclúe un potente visor SIX que se integra co seu ERP de xeito que ofrece ao persoal de rutas toda a información necesaria para o seu traballo diario, tanto para a planificación de recollidas diarias como a modo de consulta do histórico de recollidas realizadas. Este sistema permite:
– Asignación automática de recollidas a rutas: permite a planificación automática realizada mediante o algoritmo de Investigación Operativa integrado na plataforma.
– Asignación manual de recollidas a ruta: desde o propio mapa, permítese asignar cada aviso a unha ruta e facilita realizar modificacións manuais a partir do resultado de asignación automática.
Visualización do percorrido
E ubicación actual de cada vehículo: a través dos datos enviados pola aplicación móbil, permítese ver a traxectoria seguida por cada vehículo e a súa posición actual o que facilita a toma de decisións sobre a replanificación de avisos.
Aplicación móbil
Desenvolveuse unha aplicación nativa Android para que cada condutor poida consultar as rutas e as recollidas que teñen asignadas e ver sobre un mapa o trazado da ruta a seguir.
Ademais, en cada explotación, a aplicación permite rexistrar todos os datos necesarios acerca da recollida para dála por finalizada. Para facilitar o traballo, a aplicación conéctase coa báscula do vehículo que rexistra automaticamente o peso de cada recollida e coa impresora, tamén incluída no vehículo, para imprimir un comprobante que se deixa a cada cliente.
Resultado
Gesuga dispón dunha ferramente web e unha aplicación móbil completamente integradas no seu ecosistema software de tal xeito que estas novas ferramentas danlle total soporte á planificación de rutas e aos seus traballadores en mobilidade. Con esas ferramentas conséguese un importante aforro de custos de xestión pero, sobre todo, mediante a planificación automática de rutas obtense unha mellora eficaz no rendemento da empresa e na calidade dos servizos prestados. Ademais, en todo momento, garántese a integridade dos datos e afórrase o traslado manual de datos a calquera dos sistemas involucrados (aplicación móbil, sistema central e ERP).