Servizos

data architecture & intelixencia artificial.

Os datos son hoxe unha parte fundamental da estratexia de compañía ben por seren o resultado da operativa do negocio, ben porque sexan o core da súa estratexia. En ambos os dous casos, enfocámonos en propor as mellores estratexias e solucións para obter o maior rendemento tanto na súa xestión en cloud ou ompremise como na súa explotación mediante ferramentas de toma de decisión ou de xeración de produtos.

especialidades

data architecture.

Analizamos as estruturas de datos existentes ou requiridas para propor a mellor solución para o seu almacenamento e transformación. 

business intelligence.

Traballamos desde o entendemento da necesidade e o contexto para construír a solución idónea de explotación dos datos e axudamos así aos diferentes entornos de negocio a tomar decisións.

intelixencia artificial.

Contamos cunha dilatada experiencia en enxeñaría de software que combinada con oso coñecemento de procesamento de datos e IA, permítenos proporcionar solucións avanzadas con algoritmos de última xeración e aprendizaxe continua. 

visión artificial.

Temos experiencia no desenvolvemento de solucións de visión artificial e axudamos tanto no proceso de adquisición e mellora da calidade das imaxes como na detección e recoñecemento de elementos.