Construímos solucións a partir do orzamento e tempo limitados. Somos conscientes das necesidades dos nosos clientes, por iso consideramos que a flexibilidade é imprescindíbel. O noso enfoque MVP permítenos lanzar aplicacións nun prazo curto de tempo para iterar a partir de aí cara a unha plataforma robusta e ter claro que é necesario e que non.
Desenvolvemos as nosas solucións tendo en conta os seguintes aspectos:
Aliñar tecnoloxía e negocio é a base do éxito nas empresas de hogano. Axudámoste a identificar os gaps e a definir o teu roadmap tecnolóxico.
Non só desenvolvemos solucións, senón que mantemos e evolucionamos as nosas e as existentes dentro da túa organización. Traballamos con entornos de CI/CD para axilizar os nosos propios procesos de entrega.
As nosas solucións incorporan procesos de testing funcional e testing automatizado. Enfocámonos na redución de riscos para o teu negocio a partir das nosas solucións.
Do mesmo xeito, contamos con experiencia en probas de carga e rendemento para os produtos que desenvolvemos. O obxectivo é ofrecer tempos de resposta óptimos adaptados a cada situación que requira a solución desenvolvida.
Os nosos métodos de traballo incorporan métricas e prácticas que nos permiten mellorar de xeito continuo e levar os nosos equipos a traballar como equipo de alto rendemento.
Desenvolvemos o noso propio framework de desenvolvemento que nos proporciona un acelerador para os proxectos dos nosos clientes. Considerámonos agnósticos tecnolóxicos polo que tomamos as tecnoloxías do mercado que mellor se adapten ao problema a resolver