Vegalsa-Eroski é a empresa líder da distribución comercial en Galicia. Na actualidade, conta cunha extensa rede comercial conformada por 256 estabelecementos propios e franquiciados en Galiza, Asturias e Castela e León. O seu obxectivo é satisfacer, en todo momento, ao cliente de xeito impecábel e apostar por unha continua innovación para poder presentar unha tenda familiar, moderna e atractiva.
Aplicacións de soporte á xestión da distribución comercial.
Cliente
Vegalsa-Eroski
Cliente
Reto
O departamento de informática de Vegalsa-Eroski púxose en contacto con nós porque tiña a necesidade de levar a cabo diferentes actuacións para mellorar a xestión e o control do centros de venda, tanto dos dedicados á venda ao retallo (supermercados familia) como para a distribución a comerciantes por xunto (Cash Record).
Solución
Abordáronse proxectos en diferentes ámbitos de actuación entre os que destacan:
Control da calidade dos centros de venda
Desenvolveuse unha solución para o control da calidade dos diferentes centros de venda que consiste nunha app en Android para levar tabletas aos centros e auditar diferentes aspectos de cada un e nunha aplicación web en tecnoloxía .NET coa que se sincronizan estas tabletas.
Recollida de información dos centros de venda
Deseñouse e implementou un sistema para a toma de fotos en tableta e o seu envío á central, combinando as tecnoloxías Android e .Net. Coas fotos elabóranse de forma automática informes que chegan aos destinatarios en central a través do correo electrónico.
Xestión de promocións e descontos
Implementouse unha solución para que os clientes se puidesen aproveitar de ofertas personalizadas a través dun quiosco no propio centro de venda que permitise a impresión de vales de desconto para a súa utilización na caixa. Tamén se inclúe a xestión destes vales, o almacenamento no sistema do saldo acumulado e permuta por cada cliente, que permite consultar as estatísticas a partir destes datos.
Xestión de axudas sociais
A solución que se implementou consiste nunha aplicación .Net para a xestión de vales de axuda social, desde a súa xeración e envío aos beneficiarios até a facturación dos resgardos das compras realizadas ás entidades benéficas.
Visitas comerciales a clientes por xunto
Creouse unha plataforma cunha app en Android e mais unha aplicación en .Net para a planificación de visitas comerciais a clientes propios ou mesmo clientes potenciais. Na app, recóllense datos sobre o cliente e as súas necesidades de compra, información imprescindíbel para a toma de decisións
Encargos de clientes por xunto
Desenvolveuse unha aplicación en Windows Mobile para que os clientes por xunto, axudados dunha PDA, puidesen realizar de forma automática pedidos a Vegalsa.
Xestión e control dos procesos internos da empresa
Creáronse solucións para a xestión do inventario dos centros e venda coa axuda de PDAs con Windows Mobile e tamén se realizaron aplicacións de xestión de accidentes laborais.
Resultado
O cliente fíxose cun conxunto de ferramentas que lle permiten por unha banda, ter maior control do estado dos centros de venda ao asegurar a calidade do proceso e, por outra, unha mellora significativa na xestión comercial no mercado por xunto e na promoción e xestión de descontos e axudas aos comerciantes polo miúdo.