Seguridade en contornos de traballo híbrido

Artigos

O traballo híbrido converteuse nunha solución flexible e eficiente para moitas empresas que lles permite ás persoas traballadoras alternar entre o modelo presencial e o remoto. 
Esta flexibilidade mellora a produtividade e satisfacción do equipo, pero tamén introduce novos retos na xestión da seguridade.

A medida que as persoas que forman parte da empresa acceden a datos corporativos desde localizacións e dispositivos diversos, os riscos de filtracións, ataques cibernéticos e fendas de seguridade aumentan. 
As organizacións deben, por tanto, fortalecer as súas estratexias de protección para adaptarse a este novo contorno.

A capacidade de traballar desde calquera lugar é, sen dúbida, unha vantaxe competitiva, pero só se está acompañada por un enfoque sólido e proactivo na seguridade da información. 
Sen as medidas adecuadas, as organizacións poden enfrontar interrupcións críticas, danos reputacionais e perdas financeiras. 
Por tanto, garantir que cada acceso, cada dispositivo e cada usuario estean protexidos é esencial para manter a integridade dos sistemas e datos.

E é que en contornos de traballo híbrido, un dos principais retos é garantir a seguridade sen perder de vista a flexibilidade. 
Ao acceder desde localizacións externas, os sistemas corporativos están expostos a maiores riscos de accesos non autorizados 
Ademais, o uso de dispositivos persoais que non contan con medidas de protección adecuadas, incrementa estas vulnerabilidades. 
Doutra banda, manter unha visibilidad completa sobre quen accede á rede desde varios puntos é unha tarefa complexa.

Solucións para mellorar o traballo en contornos híbridos

Autenticación multifactor (MFA)

A MFA converteuse nunha das barreiras máis sólidas contra accesos non autorizados.

Require que o usuario proporcione dous ou máis formas de verificación para acceder a sistemas e datos.

Este segundo factor pode ser algo que o usuario posúe, como un código no seu móbil,  algo que é, como o recoñecemento facial, ou algo que coñece, como un contrasinal adicional.

A clave do seu éxito radica na súa capacidade para frear a ciberdelincuencia, xa que, aínda que se consiga un contrasinal, a segunda capa impide o avance sen ter outro factor de verificación.

Isto é especialmente crítico en contornos híbridos, onde as conexións se realizan desde redes menos seguras, como os domicilios particulares ou espazos públicos.

 

Redes Privadas Virtuais (VPN)

As VPN permiten que os equipos de traballo se conecten de maneira segura á rede da empresa desde calquera lugar do mundo. Estas redes crean un “túnel” encriptado que protexe todos os datos transmitidos entre o dispositivo utilizado e os servidores corporativos, e evitan que os ciberdelincuentes intercepten a información.

Isto é esencial no traballo híbrido, xa que os empregados poden utilizar redes públicas ou privadas sen saber se están seguras. 
Ademais, permiten que as empresas configuren o acceso de maneira controlada, autorizando só aos usuarios coa VPN activa para que poidan interactuar con sistemas e aplicacións sensibles.

Unha VPN eficiente protexe tanto a confidencialidade dos datos como a integridade da comunicación.

 

Enfoque Zero Trust

O modelo de Zero Trust é revolucionario no sentido de que non confía en nada nin en ninguén, nin sequera se está dentro da rede corporativa. Este enfoque parte da premisa de que calquera intento de acceso pode ser malicioso, polo que se debe verificar constantemente.

En lugar de outorgar acceso global tras un único inicio de sesión, exíxese unha validación continua e estrita de cada solicitude de acceso, o que reduce significativamente o risco de ataques tanto internos como externos.

Nos contornos que tratamos neste artigo, nos que todas as persoas traballadoras poden acceder a aplicacións desde distintos dispositivos e redes, o Zero Trust é clave para garantir que só usuarios autorizados poidan acceder aos recursos empresariais, verificando cada intento en tempo real. 

E todo isto, sen menoscabo do resto de usuarios da rede, xa que, aínda que unha área se vexa comprometida, o resto seguen protexidas grazas á segmentación da rede que se produce.

 

Xestión de Dispositivos Móbiles (MDM)

O uso de dispositivos móbiles en contornos laborais é unha tendencia en auxe, e con iso xorde a necesidade de xestionalos e protexelos, xa que poden ser unha porta de entrada para ameazas se isto non se leva a cabo de forma adecuada. 

A MDM permítelles ás empresas controlar que dispositivos teñen acceso á súa rede e aplicar configuracións de seguridade como a instalación de actualizacións automáticas, a aplicación de políticas de uso e a encriptación de datos.

Se un dispositivo se perde ou é roubado, a MDM permite bloquealo ou borrar os seus datos de forma remota para evitar calquera filtración 
Nun contorno de traballo híbrido, onde as persoas poden usar os seus propios dispositivos ou traballar desde distintas localizacións, esta solución asegura que a empresa manteña o control sobre como e desde onde se accede á información confidencial, sen importar a localización física do empregado.

Así mesmo, facilita a identificación de comportamentos sospeitosos en tempo real, como intentos de acceder a recursos desde dispositivos non autorizados, e alerta os equipos de IT para que poidan tomar medidas inmediatas.

 

Cultura en Ciberseguridade

O uso seguro de redes públicas, a protección en espazos de co-working e a seguridade física dos dispositivos son esenciais nunha estratexia de ciberseguridade para o traballo híbrido, especialmente cando se traballa fóra da oficina.

É recomendable evitar conectarse a redes Wi-fi públicas sempre que sexa posible. Se é necesario, débese utilizar unha VPN para cifrar o tráfico e protexer os datos. Tamén é importante desactivar a conexión automática a redes abertas e asegurarse de acceder só a sitios seguros mediante HTTPS. Sempre que sexa viable, optar por usar datos móbiles ou un hotspot persoal en lugar de redes Wi-fi públicas é unha opción máis segura.

En espazos de co-working, nunca se deben deixar os dispositivos desatendidos. É conveniente usar cadeados de seguridade e gardar os dispositivos en lugares protexidos. Para protexer a privacidade da pantalla, recoméndase utilizar filtros de privacidade para evitar miradas curiosas. Tamén é importante activar o bloqueo automático dos dispositivos e pechar sesión nas aplicacións cando non se estean utilizando. Ademais, é recomendable utilizar unha VPN para asegurar as comunicacións, mesmo en redes Wi-fi cifradas destes espazos de traballo compartidos.

Por último, para a seguridade física dos dispositivos, é esencial usar cadeados físicos e gardar os dispositivos en mochilas ou maletíns antirroubo cando non se estean usando. Activar o cifrado de disco completo (como BitLocker ou FileVault) é crucial para protexer a información en caso de perda ou roubo. Tamén é recomendable utilizar métodos de autenticación biométrica (como pegada dixital ou recoñecemento facial) para reforzar a seguridade. Finalmente, realizar copias de seguridade periódicas axudará a evitar a perda de datos importantes.

 

En Enxenio entendemos que cada empresa ten os seus propios retos e necesidades de seguridade, especialmente en contornos de traballo híbrido. O noso enfoque non é ofrecer solucións xenéricas, senón deseñar estratexias personalizadas á infraestrutura de cada compañía así como á natureza do seu negocio.
Implementamos ferramentas como MFA, VPN, Zero Trust, e MDM, así como tamén aseguramos que as organizacións poidan desenvolver a súa actividade con total flexibilidade sen comprometer a protección dos seus datos nin a integridade da súa infraestrutura IT. 
O noso obxectivo é que continúen sendo eficientes e seguras, sen importar desde onde traballen os seus equipos.

Así, convertémonos no socio estratéxico no acompañamento da implementación de solucións de ciberseguridade sólidas e escalables.