Por que a xestión do dato é clave para o crecemento do teu negocio?

Artigos

Na era dixital, as empresas xeran máis datos que nunca: facturación, comportamento de clientes, operacións internas, loxística, interaccións en liña… Todo deixa pegada. Con todo, o verdadeiro reto non está en acumulalos, senón en saber como evolucionar a través do modelo DIKW (Data, Information, Knowledge, Wisdom).

  • Data (Datos): son os rexistros en bruto, cifras ou feitos illados que carecen de contexto.

  • Information (Información): xorde cando eses datos se organízan e se lles dá un sentido, por exemplo, un informe mensual de vendas.

  • Knowledge (Coñecemento): implica interpretar a información, conectala coa experiencia e xerar aprendizaxes, como entender por que un produto se vende máis en certa rexión.

  • Wisdom (Sabedoría): é o nivel máis alto: utilizar o coñecemento para tomar decisións estratéxicas e sostibles, anticipando tendencias e xerando vantaxes competitivas a longo prazo.

A diferenza entre as empresas que simplemente acumulan datos e aquelas que os converten en vantaxe competitiva radica precisamente na súa capacidade de escalar nesta pirámide: pasar da acumulación de data á xeración de wisdom que guíe decisións clave para o negocio.

A importancia da estratexia Data-Driven

Hogano, tomar decisións baseadas en intuicións xa non é unha opción. As empresas líderes utilizan modelos Data-Driven, onde as decisións se apoian en datos fiables e accesibles.

Pero… que significa realmente ser unha empresa Data-Driven?

Ter os datos correctos, no momento oportuno.

Asegurar a súa calidade e fiabilidade.

Integrar a información de diferentes fontes de forma coherente.

Ser capaces de escalar esa xestión conforme o negocio crece.

Isto non ocorre por casualidade. Require unha estratexia clara, procesos sólidos e tecnoloxía adecuada. En Enxenio, axudamos as empresas para implantar esa estratexia Data-Driven, desde a consultoría inicial até o desenvolvemento de solucións personalizadas.

Rendemento e escalabilidade: dous retos constantes na xestión do dato

Cando falamos de xestión de datos empresariais, a tecnoloxía non o é todo. Ter unha base de datos potente non serve se o seu rendemento non está optimizado ou se a estrutura non permite escalar a medida que crecen as necesidades do negocio.

  • Rendemento: asegurar que o acceso á información sexa rápido e eficiente.

  • Escalabilidade: deseñar arquitecturas que crezan sen xerar colos de botella.

  • Gobernanza do dato: establecer políticas claras sobre calidade, seguridade e acceso para que a información sempre sexa confiable e cumpra coa normativa.

  • Rastrexabilidade: garantir que cada dato poida ser seguido ao longo do seu ciclo de vida, desde a súa orixe até o seu uso en decisións estratéxicas.

  • Liña de vida do dato: xestionar o dato de forma integral, desde a súa creación, almacenamento e explotación até o seu arquivo ou eliminación segura.

En Enxenio, contamos con expertos como Carlos Rodríguez Roca, Data Engineer, que traballan día a día optimizando bases de datos para garantir que o dato estea sempre dispoñible, confiable e operativo, mesmo en contornos complexos.

O noso enfoque non só contempla o mantemento e a optimización técnica, senón tamén a creación dun marco sólido de xestión do dato que se aliña cos obxectivos de negocio de cada cliente e potencia a toma de decisións estratéxicas.

A calidade do dato: un activo que non se pode subestimar

Dispor de moitos datos non é sinónimo de ter datos útiles. A clave está en contar con datos fiables, porque só así se converten no primeiro paso para adestrar con éxito unha Intelixencia Artificial ou para explotar ao máximo a automatización de procesos.

Unha boa estratexia de calidade do dato inclúe:

  • Validación constante, para asegurar que a información reflicta a realidade.

  • Limpeza e depuración, eliminando inconsistencias que poidan sesgar os resultados.

  • Estandarización de formatos, que permite integrar datos de distintas fontes sen friccións.

  • Control de duplicidades e erros, garantindo precisión e consistencia en cada uso.

Un dato sen calidade é só ruído. Un dato fiable, en cambio, é a materia prima que fai posible tanto decisións estratéxicas de negocio como o despregamento de solucións avanzadas baseadas en IA.

En Enxenio, implementamos procesos de goberno do dato para asegurar que a información coa que traballan as empresas sexa fiable e se converta nunha ferramenta de valor real.

Como te pode axudar Enxenio na xestión dos teus datos?

En Enxenio levamos máis de 15 anos axudando a empresas a optimizar os seus sistemas, mellorar a súa xestión tecnolóxica e adaptar os seus procesos de negocio ao mundo dixital. O noso servizo de xestión e optimización do dato inclúe:

Consultoría de estratexia Data-Driven.

Desenvolvemento de solucións tecnolóxicas personalizadas.

Optimización de bases de datos e sistemas de xestión do dato.

Asesoramento en seguridade e protección do dato.

Implantación de modelos de goberno do dato.

Traballamos xunto a cada cliente para garantir que os seus datos sexan unha ferramenta estratéxica e non un problema operativo.

Conclusión: O dato é poder… se sabes xestionalo

O crecemento de calquera negocio na era dixital pasa por tomar decisións baseadas en datos. Pero para iso, é imprescindible contar cunha estratexia de xestión eficiente, tecnoloxía ben implementada e un partner de confianza que entenda tanto a parte técnica como as necesidades reais do negocio.

En Enxenio, levamos anos demostrando que a xestión do dato non é só unha cuestión tecnolóxica, senón unha vantaxe competitiva.

Queres saber como te podemos axudar? Conecta co noso equipo en www.enxenio.es e transforma os teus datos en valor real para a túa empresa.