A importancia do asesoramento especializado no camiño cara á transformación dixital dunha empresa

Artigos

A transformación dixital é un proceso clave para calquera empresa que aspire a manterse competitiva. 

Moitas organizacións, concretamente Pemes, non teñen presente a importancia de contar cun equipo de asesoramento especializado antes de implementar solucións tecnolóxicas, saltándose así un paso fundamental que garante tanto o éxito no proceso como o aliñamento da dixitalización cos obxectivos estratéxicos do negocio, ademais de minimizar os posibles erros que derivan nun alto custo e unha retardación do proceso.

Na actualidade, as empresas teñen á súa disposición unha ampla variedade de programas e axudas para acelerar a súa transformación dixital.

Iniciativas como o Kit Dixital ou o Kit Consulting, do cal Enxenio é asesor autorizado e cuxas características podes consultar nesta mesma web, ofrecen solucións que permiten a dixitalización de procesos a un ritmo sen precedentes. Estes programas brindan acceso a tecnoloxías que antes parecían reservadas a grandes corporacións, democratizando o acceso a ferramentas clave para a competitividade.

Con todo, moitas empresas lánzanse á dixitalización sen un asesoramento adecuado, o que pode comprometer o éxito do proxecto. O paso cara á transformación dixital supón tempo, esforzo e un cambio de mentalidade significativo.

Pero se non se planifica ben, os resultados poden non cumprir coas expectativas. Aquí é onde o asesoramento profundo e personalizado xoga un papel crucial: identificar as necesidades específicas de cada negocio, avaliar os procesos que realmente necesitan ser optimizados e seleccionar as solucións tecnolóxicas adecuadas.

 

Por que é necesario o asesoramento previo na transformación dixital?

É necesario porque cada empresa ten as súas particularidades, polo que non existe unha solución tecnolóxica que funcione para todas por igual.

O asesoramento dixital especializado permite identificar que áreas do negocio se beneficiarán máis da dixitalización e cales son as ferramentas e estratexias máis adecuadas.

O asesor convértese nun aliado estratéxico que realiza un diagnóstico integral do estado actual da empresa, avaliando desde os procesos de negocio até a ciberseguridade.

E sobre todo aforra tempo, mellora a toma de decisións e ofrece unha folla de ruta segura.

Un asesoramento adecuado implica: 

  • Avaliación personalizada: diagnóstico profundo do estado actual da empresa en termos de tecnoloxía, procesos e seguridade.
  • Detección de necesidades específicas: identificación das áreas máis críticas onde a dixitalización xerará un maior impacto.
  • Alianzas con provedores de solucións: relación directa cos provedores máis adecuados para cada necesidade.

 

Áreas clave onde o asesoramento dixital é necesario

a. Estratexia de rendemento de negocio

Antes de implementar calquera ferramenta dixital, é crucial ter unha estratexia clara. O asesoramento axuda a empresas de calquera tamaño para definir un plan de acción que maximice o rendemento empresarial e garanta que o investimento en tecnoloxía estea aliñada cos obxectivos de crecemento.

b. Ciberseguridade

Desde a ciberseguridade básica, até a preparación para certificacións avanzadas, é fundamental contar cun sistema robusto que protexa os datos e activos dixitais da empresa. Un asesor especializado en seguridade pode garantir que a empresa estea preparada para superar as ameazas actuais e cumprir coas normativas.

c. Transformación dixital 360

A dixitalización non só implica tecnoloxía, senón que tamén require unha revisión dos procesos internos. Un enfoque 360 garante que todos os aspectos do negocio, desde a definición do investimento e das medidas estratéxicas, até a produción, estean optimizados e aliñados coas novas ferramentas dixitais.

d. Análise de datos e intelixencia artificial 

A toma de decisións baseada en datos é cada vez máis crucial nun contorno empresarial competitivo. O asesoramento en análise de datos, tanto básico como avanzado, permite que as empresas identifiquen patróns, optimicen os seus procesos e melloren os seus servizos. En etapas máis avanzadas, a intelixencia artificial pode automatizar tarefas clave e xerar un valor engadido.

e. Optimización de procesos de negocio

O asesoramento especializado permite identificar ineficiencias nos procesos de negocio actuais e propoñer solucións tecnolóxicas que automatizan tarefas e melloran a produtividade. Isto reflíctese nunha empresa máis áxil e capaz de responder rapidamente aos cambios do mercado.

 

Coñeces os beneficios de contar cun asesor no proceso de dixitalización?

  • Redución de riscos: ao contar cun experto que guíe o proceso, minimízanse os riscos asociados á implementación de novas tecnoloxías e evítanse erros que poderían ser custosos no futuro.
  • Maximización do retorno de investimento (ROI): a dixitalización é un investimento significativo, e co asesoramento adecuado, as empresas poden asegurar que este investimento xere os resultados esperados, tanto a curto como a longo prazo.
  • Adaptación máis rápida: un asesor axúdalles ás empresas para adaptarse máis rapidamente ás novas ferramentas e garante que os empregados e os procesos internos non se vexan desbordados polo cambio.