BIRDS MSCA RISE 2015 Project (H2020 EU project MSCA GA No 690941)

BIRDS MSCA RISE 2015 Project (H2020 EU project MSCA GA No 690941)

BIRDS xorde da necesidade de mellorar o procesamento de grandes volumes de datos existentes en diferentes campos de aplicación como a bioinformática ou a recuperación de información. Na actualidade existen, por exemplo, motores de busca que procesan decenas de miles de consultas de usuario por segundo. Así e todo, o futuro da era da información está en risco xa que a cantidade dispoñíbel de datos aumenta de forma exponencial cada día. As novas tecnoloxías de secuenciación de ADN, por exemplo, están a evolucionar moito máis rápido que as leis que rexen os cambios nas capacidades dos procesadores dos ordenadores. 

Procesar a cantidade de información que fará que a medicina personalizada sexa unha realidade require un novo enfoque. Recentemente desenvolveuse unha nova clase de estruturas de datos para abordar os novos desafíos no almacenamento, procesamento, indexación, busca e navegación de datos biolóxicos. Tarefas semellantes tamén foron abordadas por investigadores na comunidade de recuperación de información como son o deseño de algoritmos para a análise de secuencias, a representación de redes ou a comprensión e indexación de datos repetitivos. As sinerxias dos investigadores de ambos os campos poden conducir a novos enfoques eficientes para mellorar a tecnoloxía utilizada para a análise de datos a escala do xenomacidades dos procesadores dos ordenadores.

BIRDS espera un impacto real da transferencia dos resultados obtidos na súa investigación na sociedade. Os algoritmos e as estruturas de datos aplicadas á bioinformática permiten mellorar a comprensión das causas e os mecanismos que subxacen na saúde e nas enfermedades. Soamente para dar un exemplo ilustrador, os algoritmos para a análise de secuencias poden usarse para indicar mutacións e reordenacións xenéticas que están presentes nos xenomas do cancro, e esta identificación pode ser esencial para comprender a enfermidade e desenvolver terapias dirixidas.

Mellorar a excelencia científica dos participantes no deseño de estruturas de datos e algoritmos avanzados para os campos da bioinformática e a recuperación de información mediante o aproveitamento das sinerxias destas dúas comunidades, é o obxectivo principal de BIRDS.

http://www.birdsproject.eu/

Financiamento Público:

BIRDS, Bioinformatics and Information Retrieval Data Structures Analysis and Design, financiado pola acción Marie Sklodowska-Curie (RISE) de intercambio de persoal de investigación e innovación pertencente ao programa de financiamento de I+D da UE Horizonte 2020 (proxecto con referencia 690941).