En Enxenio estámoste a buscar!
Tes talento? Presta atención entón!
Somos un equipo cunha sólida traxectoria —20 anos!— no sector do desenvolvemento de software, e a nosa especialidade é prover aos nosos clientes de solucións totalmente adaptadas ás súas necesidades e orientar o uso da tecnoloxía á transformación dixital dos seus procesos operativos co obxectivo final de aportar valor engadido aos seus negocios convertíndonos en socio de confianza.
Actualmente estamos en fase de crecemento e precisamos incorporar un perfil con, ao menos, 3 anos de experiencia como Software Engineer especializado en backend con Java.
Es ti? Entón, sigue lendo. Que precisamos de ti?:
Que beneficios che ofrecemos a cambio?
➕ Formar parte dunha empresa consolidada no sector, actualmente en expansión, cun equipo humano altamente cualificado e cun excelente ambiente laboral.
🏘️ Un modelo de traballo híbrido: verémonos na oficina coa flexibilidade de elixir cando.
⏱️ Unha xornada flexíbel e personalizada de 37.5 horas semanais de setembro a xuño, e 35 horas en xullo e agosto.
💰 Un paquete retributivo competitivo que inclúe seguro médico e acceso ao plan de retribución flexíbel.
✈️ 26 días de vacacións para que goces deles cando queiras, e a posibilidade de elixir o desfrute dos festivos locais do teu lugar de residencia.
👩🏫 O "Bono Enxenio2you" de 150 € anuais para que o invistas en webinars, conferencias ou licenzas relacionadas co teu traballo.
🧩 Clases de inglés axeitadas ao teu nivel para que aprendas e perfecciones o idioma.
👣 Formación, desenvolvemento profesional con promocións en función da túa evolución e desempeño.
Se, ademais de apostar por Enxenio, traes talento ao noso equipo, terás o teu recoñecemento pola grande axuda que supón!
A que esperas? Únete ao noso equipo!