Servizos

ciberseguridade.

A seguridade converteuse nunha das maiores preocupacións do noso tempo, eminentemente dixital. O noso enfoque é axudar aos nosos clientes a ofrecer produtos confiábeis e robustos, é dicir, seguros. 

especialidades

auditoría seguridade.

Avaliamos as túas estratexias de seguridade e analizamos os teus produtos dixitais para determinarmos a túa situación real. Xeramos informes e propostas de solución para os riscos detectados.

DevSecOps.

A seguridade como parte do desenvolvemento dos nosos produtos. Incorporamos a seguridade desde a definición da solución até a súa posta en produción. 

seguridade perimetral cloud.

Incorporamos as mellores prácticas de seguridade na nube e contemplamos a xestión de identidades e accesos, seguridade de rede, monitorización e plan de continuidade.

SOC (security operations center).

Ofrecemos aos nosos clientes a monitorización de activos clave 24/7 e proporcionamos detección e solución de incidentes (incidencias), así como métricas periódicas que te axudarán a tomar decisión estratéxicas.