Fondos públicos

Enxenio incia, coincidindo co seu 15 aniversario, un importante plan de innovación para colocala na vangarda tecnolóxica nos próximos anos.

Este plan de innovación está orientado á ampliación e consolidación da capacidade innovadora da empresa, co obxectivo último de mellorar o seu posicionamento e garantir a súa competitividade dentro do sector da industria do software. Da súa aplicación dependerá, en gran medida, que Enxenio poida seguir ofrecendo unha resposta eficaz ás esixentes demandas do mercado actual, así como o seu potencial de crecemento futuro.

Máis concretamente, as liñas de actuación deste plan son:

  • Incorporación de tecnoloxías de xestión de procesos de negocio.
  • Incorporación de tecnoloxías DevOps.
  • Certificación de calidade de produtos software propios.
  • Implantación dun sistema de xestión da I+D+i.

Levar a cabo este plan supón un enorme esforzo  para  Enxenio, polo que conta co apoio da Xunta de Galicia a  tavés do programa  Innovapeme. Este programa concede unha axuda para fortalecer a competitividade de pemes galegas a través da mellora da súa capacidade innovadora, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo  FEDER GALICIA 2014-2020.