Contamos con ferramentas que dan soporte a todas as fases da creación e explotación de contidos dixitais, desde a súa xeración até a comercialización.

Dispoñemos das ferramentas e tecnoloxías necesarias para facilitar ás editoras, e a outras entidades xeradoras de contidos, a adaptación do seu negocio ao novo contexto dixital en que nos estamos a precipitar.
Proporcionamos solucións para a creación, distribución e visualización dos contidos, non só en computadores (PCs, MACs, Notebooks etc.), senón tamén desde os dispositivos móbiles de última xeración que se están a usar de forma maioritaria hoxe en día para a lectura interactiva (tablets iPad e Google Android). Cubrimos tamén os formatos estándares máis estendidos para a publicación de contidos dixitais (ePUB, HTML, PDF etc.), destacando o soporte para a creación e visualización de contidos educativos conformes ao estándar SCORM 2004.
Ofrecemos sistemas para garantir a protección dos dereitos dixitais que as editoras, e demais propietarios, teñen sobre os contidos (DRM), así como plataformas de distribución e venda adaptadas aos modelos de negocio da empresa de que se tratar.
