As novas tecnoloxías da información e das comunicacións están transformando a sociedade, e en particular os procesos de aprendizaxe
A introdución das TIC’s no ensino é unha das materias pendentes na sociedade actual. Desde enxenio estamos comprometidos con este problema, tendo unha liña de produtos e un equipo de traballo adicado ao desenvolvemento de ferramentas que permitan a mellora do ensino en primaria e secundaria co uso das novas tecnoloxías, con dúas liñas de actuación claramente definidas: por unha banda sistemas de xestión para os centros e pola outra contidos dixitais para a docencia.

Libros de texto virtuais e contidos educativos
Adaptados ás exixencias da educación 2.0 e baseados en estándares, con exercicios interactivos para o desenvolvemento de habilidades básicas como lectura comprensiva, expresión escrita, relación e asimilación de conceptos… Coa posibilidade de integrarse en entornos virtuais de aprendizaxe (EVA) co formato SCORM.
Xogos educativos interactivos
Xogos en web para os que non é necesario ter instalado ningún programa no ordenador, máis alá dun simple navegador, e que permiten partidas entre varios/as xogadores/as ou en solitario.
Ferramentas de Xestión Académica (SIXA)
http://www.sixa.es/es
Sistema Informático para a xestión do día a día do profesorado de ensino medio (público e concertado) – caderno de clase virtual – con toda a información relacionada co desenvolvemento académico do alumnado (cualificacións, faltas, informes etc.).