Traballos realizados

Sistemas de Información Xeográfica

 



Ferramenta para a xestión da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL)
Deputación da Coruña

O equipo de traballo de enxenio participou no desenvolvemento da ferramenta de información xeográfica gisEIEL, aplicación que permite a xestión de toda a información que se recompila e que na actualidade está sendo utilizada en tres provincias galegas e outras tres no resto de España.

  • Conta con ferramentas avanzadas de dixitalización/edición que permiten o mantemento de bases de datos xeográficas.
  • Incorpora ferramentas de análise espacial.
  • Ofrece acceso a servizos do OGC (WMS, WFS, WCS).
  • Permite a xeración de cartografía e informes dunha forma sinxela.




Aplicación web de publicación da información da BDT-EIEL
Deputación da Coruña

Do mesmo xeito, o equipo de enxenio participou no proxecto de creación do visor web da información xerada pola EIEL:

  • Permite a visualización de información xeográfica na web a través de diferentes tecnoloxías: AJAX, Applets Java e Google Maps.
  • Facilita ao usuario cartografía en diferentes formatos estándar como GML ou KML (Google Earth).
  • Ofrece ao usuario a posibilidade de imprimir mapas on-line e de descargar mapas e informes predefinidos.
  • Ten capacidade de acceso a servizos de Nomenclator e Catálogo de metadatos.
  • Está construída sobre a Infraestrutura de Datos Espaciais de A Coruña (ideAC), nodo pertencente a IDEE (Infraestrutura de Datos Espaciais de España).

Arredor de mín
Enxenio S.L.

Plataforma que permite a promoción de empresas de servizos turísticos integrándoas no entorno cultural e natural no que se atopan mediante o emprego de tecnoloxía de sistemas de información xeográfica. Deste xeito é posible obter que elementos de interese natural e cultural están no contorno dun determinado establecemento turístico, ou que establecementos turísticos están situados a menos de 2 km dunha praia e preto dunha estrada principal.






Sistema de xestión de procedementos de expropiacións forzosas
Proyfe S.L.

http://proyfe.es/sp/portada/index.php

Ferramenta que proporciona todas as funcionalidades precisas para a xestión dos datos e xeración de informes:

  • Importación automática da información das parcelas, titulares e do ámbito do proxecto de expropiación.
  • Cálculo automático, con tecnoloxía GIS, das parcelas, titulares e bens afectados por un ámbito de expropiación determinado.
  • Xeración de fichas, mapas e informes do proceso de manexo de expropiacións.
Educación 2.0

 

 

Letrad@s.gz 
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG)

http://www.as-pg.com/letradas.gz/

Versión do famoso xogo de mesa Scrabble, donde as palabras propostas polos/as xogadores/as son automaticamente corrixidas usando un dicionario de 11 millóns de termos que se almacenan en estruturas de almacenamento de datos e ao que se accede usando algoritmos de recuperación, deseñados polo grupo de investigación LBD da UDC.
Desenvolvido para se executar no contorno dun navegador web sen necesidade de que os/as usuarios/as teñan que instalar ningún programa (nin sequera un Applet nin un control ActiveX) no seu computador para poder xogar entre eles (até 4 xogadores/as) ou en solitario. Isto é grazas á súa arquitectura, que deseñamos usando AJAX.

Outros xogos desenvolvidos son o Trivial@gz, A Curuxa (Oca), e o Catapalabras (Scattergories)

 

SIXA - Sistema Informático de Xestión Académica
Institutos de Educación Secundaria

http://www.sixa.es/es

Sistema Informático para a xestión do día a día do profesorado – caderno de clase virtual – con toda a información relacionada co desenvolvemento académico do alumnado (cualificacións, faltas, informes etc). Sistema integrable e complementario ás ferramentas da Consellería, que facilita a comunicación no centro e o intercambio de información coas familias.
Consta de 4 aplicacións con funcionalidades diferentes atendendo ao perfil de usuario – Dirección, Profesorado [Web, Móbil ou Pen drive], Administración e Familias.

Contidos dixitais

 


Plataforma de Distribución de Contidos Dixitais
Asociación Galega de Editores (AGE)

A plataforma desenvolvida permítelle ás editoras socias da AGE vender de forma conxunta libros dixitais para a súa visualización “na nube” ou para os descargar nun computador.
De todos os xeitos, a plataforma deixa que cada editora manteña a súa independencia e autonomía tanto para a xestión do seu catálogo de libros á venda como para xestionar os seus clientes.

 

Guía de árboles digital
Baia Edicións A Coruña S.L.

www.baiaedicions.net

Alén de se poder consultar para acceder á información textual e ás ilustracións das especies, esta guía permite identificar unha árbore a través das súas características. Solicitándolle ao usuario información das follas, o tronco, as flores etc. da árbore que está a ver, devólvelle o nome daquela ou daquelas especies que coincidan coa descrición aportada.
Foi desenvolvida para a web, mais tamén para móbiles Android e outros móbiles J2ME, onde se pode instalar e usar sen conexión a internet.



 


Comics para iPad

Cangrejo Rojo

Aplicación para iPad que permite visualizar cómics en diferentes idiomas, coa posibilidade de activar o son con música de fondo.
Permite navegar polo catálogo completo e actualizado de cómics e mercalos desde a propia aplicación. De próxima publicación.

Xestión documental

 

Centro de Documentación
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)

http://www.aelg.org/Centrodoc/

Solución web autoadministrable para a difusión da información dos escritores e escritoras socios da AELG e da súa obra.
Conta con espazo para a biografía e bibliografía completa, mais teñen tamén outros espazos dispoñíbeis como: a fototeca, videoteca, blogues de crítica literaria, espazo didáctico (con unidades e obradoiros), e publicacións en prensa ou calquera outro documento (artigo, recensión, introdución, crítica etc.) que o autor ou a autora producise.



Hemeroteca de revistas da Real Academia Galega (2004-2012)

Real Academia Galega

http://www.lbd.udc.es/RAG-2004-2012/Hemeroteca/

enxenio foi responsable do portal web da Real Academia Galega (RAG) entre os anos 2004 e 2012. En concreto, é de destacar a súa Hemeroteca Virtual que, á parte de permitir navegar polas diferentes páxinas de cada número de cada revista, permite facer buscas por múltiples criterios: autor, título, data etc., e tamén polo contido dos seus artigos. Simplemente tecleando unhas poucas letras dunha ou varias palabras, pódese acceder ás paxinas que inclúen eses textos no seu contido, que se presentan en formato imaxe coas palabras de busca resaltadas.

A Hemeroteca Virtual estreouse cun total de 29 revistas do século XIX cos seus respectivos números. enxenio tamén se encargou de desenvolver un sistema de workflow para a alimentación de datos. Este sistema deu soporte ao traballo realizado por 15 persoas ao longo dos 6 meses de duración do proxecto. Este sistema de workflow permitiu:

  • Especificar e asignar tarefas (escaneado, catalogación, OCR, corrección).
  • Xestionar de maneira automática os resultados.
  • Controlar a evolución das tarefas.
  • Controlar de forma efectiva os recursos.
  • Obter informes da dedicación de cada unha das persoas involucradas.
Portais web e comercio electrónico

 

 

 

Plataforma turística do concello da Estrada
Concello da Estrada

http://www.turismo.aestrada.com

A plataforma dispón dunha completa base de datos con información de catalogación e xeolocalización dos elementos turísticos e patrimoniais (patrimonio cultural, patrimonio natural, rutas turísticas, festas e establecementos turísticos), así como un enorme repositorio multimedia que inclúe fotos e vídeos relacionados con ditos elementos, ofrecendo dita información en 4 idiomas aparte do galego.
O sitio web conta tamén cunha sección privada de administración, dirixida ao persoal encargado da xestión de contidos, que permitirá manter actualizada a información e acrecentar o número de elementos de interese.

Farmaiglesias
Farmacia Iglesias

http://www.farmaiglesias.com/

Aplicación web de comercio electrónico. Soportada por tecnoloxía de BD e desenvolvida en J2EE, cumpre as leis de LOPD e LSSI que lle son de aplicación a este tipo de sitios web.

Software de Xestión

 

 

Syntirisis-web
Vegalsa

Aplicación de xestión de ordes de mantemento feita con tecnoloxía .net. Accesible desde os supermercados Familia e a propia Vegalsa, permite que os supermercados e os técnicos de mantemento poidan rexistrar e procesar incidencias de mantemento relativas aos activos da empresa.

LOPD
Consultres Soluciones S.L.

Aplicación que rexistra toda a información dunha empresa relativa ao cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos. Así mesmo, xera automaticamente o documento de seguridade resultante e rexistra de forma telemática os ficheiros da empresa na Axencia Española de Protección de Datos.