O noso obxectivo é xerar valor sostible para os nosos clientes a través da mellora dos seus sistemas de información, tanto de xestión como de comunicación, con solucións robustas, flexibles e adaptadas ás súas necesidades reais.
Os principios nos que se basea o noso traballo para conseguir este obxectivo son:
- Equipo. enxenio está formado por un equipo multidisciplinar, integrado por persoas unidas por unha característica común: posúen mentalidade innovadora, creativa e entusiasta. Trátase dun equipo con formación universitaria, todos/as enxeñeiros/as superiores e formándose como doutores/as. Son flexíbeis, capaces de asumir responsabilidades, e están interesadas na tecnoloxía. Isto fai que o ambiente de traballo sexa dinámico e atractivo.
- Cercanía ao Cliente, non facendo só unha toma de requisitos inicial senon establecendo unha comunicación continua na fase de desenvolvemento para adaptar de forma dinámica a solución ás súas necesidades reais.
- Innovación, non só tecnolóxica senón tamén nas metodoloxías de desenvolvemento para conseguir sempre as mellores solucións en tecnoloxía, calidade, prazo e prezo.
- Simplicidade e axilidade, primando a usabilidade e a entrega rápida sobre o desenvolvemento de solucións faraónicas.
- Compromiso, afrontamos os proxectos como retos persoais, asumindo os obxectivos do cliente como propios.