Certificación dos procesos de desenvolvemento de software frente á Norma ISO 15504 / SPICE nivel 2
A empresa enxenio, S.L. vén de certificar os seus procesos de desenvolvemento de software fronte á Norma ISO 15504 / SPICE nivel 2. O proxecto foi cofinanciado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, así como polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro da “Acción Estratéxica de Telecomunicacións e Sociedade da Información. Ano 2010”, formando parte do expedente TSI-020504-2010-65, correspondente ao Plan Avanza 2, subprograma Avanza Competitividade I+D+i, procedemento único coordinado por “CAELUM, INFORMATION & QUALITY TECHNOLOGIES, S. L.”, baixo o Título "AEI CalidaddelSoftware.com CMMI e ISO 15.504 /SPICE no 2010".
![]() |
|
![]() |
ENVIA: Entorno para a Creación dunha Nube de Servizos para a Vía Intelixente (Nº Exp.: TSI-020302-2011-6)
Proxecto subvencionado ao abeiro da Orden ITC/362/2011, do 21 de febreiro, pola que se regulan as bases, o réxime de axudas e a xestión do Plan Avanza2, no marco da acción estratéxica de telecomunicacións e sociedade da información, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, 2008-2011. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
![]() |
|
![]() |
Plataforma para a Asociación Galega de Editores (AGE)
http://plataforma.editoresgalegos.org
Memoria do proxecto [Licenza Creative Commons]
Proxecto subvencionado de acordo coa resolución de 30 de setembro de 2010 (con publicación no DOG o 7 de outubro de 2010) da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, na que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de abril de 2010 referente aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito do Plan Avanza, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Crédito orzamentario correspondente á aplicación 04.70.571A.781.0, Achegas a institucións sen fins de lucro para proxectos da sociedade da información, contía de 2.907.784 €.
Unha maneira de facer Europa
Implantación de ISO27001
![]() |
enxenio, como parte do seu esforzo por mellorar a calidade dos produtos e servizos prestados aos seus clientes, ten implantado e certificado un sistema de xestión da seguridade da información conforme á norma internacional ISO 27001. A implantación e certificación deste sistema levouse a cabo mediante un proxecto cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011 – Nº REF. TSI-020514-2009-10. |
![]() |
![]() |